SETE ESPAZOS PARA HABITAR, exposición alternativa.Santiago de Compostela 2016


    
SETE ESPAZOS PARA HABITAR

Iniciativa de arte contemporánea de seis pezas de sete artistas e unha performance na inauguración e peche do evento.

Preténdese ademáis de dar visibilidade as artistas,  combater de algún xeito a descriminación moi presente neste ámbito, a través dun discurso feminino. Amosar o traballo das artífices mulleres, nun espazo expositivo alternativo. Achegar a arte contemporánea ao público en xeral a través de espazos non convencionais

Cada participante achega na súa obra unha visión peculiar e reivindicativa, relacionada co papel da muller na sociedade.

O nexo común fíxose a través do vestido, cada creadora conta a súa propia historia, tratando de construir un discurso que dialogue entre elas e o público.








Performance Amparo Malo



No hay comentarios: