Libro de Artista CULTURGAL (Pazo da Cultura,Pontevedra, 2014)




Do papel ao xesto, unha exposición colectiva ao redor do libro de artista


Do papel ao xesto, unha exposición colectiva ao redor do libro de artista







Códice XQ? (2011-12)

Comisariada por Antón Sobral e Paula Cabaleiro
Os comisarios apuntan que “na posmodernidade artística, os territorios mesturáronse debuxando fronteiras difusas, combinando posibilidades, medios e linguaxes, desafiando estruturas establecidas”. O libro de artista, explican os comisarios “tamén pode revelarse á lexibilidade e transformarse en obxecto escultórico para ser contemplado. Pode falar, pode contarse, o libro de artista pode ser unha sorte de relatos intanxibles, mesmo sonoros. Ou pode ser elemento construtor para articular unha instalación. Mais tamén pode ser un libro común, de edición normalizada, que o artista manipula e intervén até convertelo nunha forma propia. En definitiva, este xénero arráigase coa eclosión da arte conceptual, polas potencialidades de variacións tanto tipolóxicas, como formais, técnicas ou de significado”.




No hay comentarios: